CONTOS DE VICENTIÑO, PAXARO DO RÍO MIÑO
Nos
tempos da marea negra do Prestige e da guerra de Iraq,
un contacontos e un paiaso con tres nomes, cunha carauta
de papel reciclado coa imaxe dun paxaro que chamaron
Vicentiño, partiron a mais dun cento de escolas
da Costa da Morte, de outros lugares da Galiza e do
Norte de Portugal para cos seus contos parar as guerras
e as mareas negras, estes son algún de eses
contos. |
|
|
CONTOS DO CAMELO
MUFIT (Contos de Vento e Juja)
Estes contos
naceron dunha longa viaxe escolar do dúo de contacontos
Vento e Juja, que contaban historias sobre os nenos
refuxiados do planeta e que ó mesmo tempo recollían
lapiseiros (máis de 40.000) para un proxecto
da Achass (Asociación Chantadina de Solidariedade
co Sahara) que baixo o nome de Sahariza levou lapis,
contos e sobre todo foi a aprender da vida dos nenos
refuxiados saharauis en Tinduf. |
|
|
CONTOS DO CARBALLO
CON BOTAS
O carballo con botas existe, no outono recollemos botas vellas, facémoslles buraquiños, enchémolas de terra e pousamos dentro delas belotas, castañas.... para empregalas como viveiros forestais. Na primavera xorden os carballos (e castiñeiros, e nogueiras) con botas, que viaxan o longo do ano polas escolas como parte do proxecto de contos medioambientais, deixando a mensaxe de que dentro do vello, da destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza, a vida, o futuro. |
|
|
CONTOS DA ILLA DE
ONS
Estes
contos naceron nas viaxes ate a Illa de Ons dun contacontos
acompañado cun carballo dentro dunha bota. Foron
capturados nas miradas dos mozos e das mozas que habitaron
a illa cos seus soños nun verán despois
da terrible marea negra. Pertencen a cinco grupos de
soñadores e soñadores de distintos lugares
do mundo, de Gales a Canarias, de Viveiro ata A Guarda,
xentes que creron nun outro mundo posible. |
|
|
CONTOS DO LOBO GARABELOS (Receitario da cociña solidaria)
Garabelos era un lobo especial e diferente, famélico e covarde, pacifista e solidario. Incapaz de matar a ninguén por moita fame que tivese, nin corzos, nin años, nin xatos, nin sequera unha mosca eran presas da súa ferocidade, por iso Garabelos andaba famento día e noite, mesmo volvérase vexetariano alimentándose das belotas que caían dos carballos da serra do Faro. máis» |
|
|
TEATRO SOLIDARIO (Receitario da cociña solidaria)
Dentro do proxecto Ceiba-Contos de Bicis pola Paz e Papaventos tócalle o turno ao teatro. Ceibamos estas pequenas obriñas para que as adoptedes e adaptedes, as poñades en escena, as recicledes, as melloredes, as empeoredes, as corrixades, as resumades, as ampliedes... |
|
"Irimia, a estrela do río Miño" |
"Histoias de Paqui-Linda, a trasna maceira" |
"A Fada do Saco Verde" |
CONTOS: “AS ÁRBORES ATRAPADORAS DE CONTOS SOLIDARIOS”
Neste obradoiro escolar pretendemos dar a voz as alumnas e os alumnos, para que eles mesmos se convertan en contadores de historias solidarias, en atrapadores de contos que cambian o mundo.
Como ben sabedes por causa de tantas guerras e incendios os contos tiveron que fuxir dos bosques e agora andan perdidos, desnortados polo que precisan que alguén os atrape para contalos e que volvan morar nos nosos corazóns, por iso de mellorar o mundo. Para iso debemos construír árbores atrapadores de contos solidarios, esta é a nosa proposta. |
|
"Obradoiro de como facer unha árbore atrapadora de contos solidarios" |
Contos atrapados nas escolas participantes |
“A estrela de Argantael” |
“A escribidoira” |
“Os 19 xinetes das árbores” |
“As sobreiras de Goián” |
CONTOS: “OUTROS HABITANTES DA FRAGA ” |
|
"A Xiraxaba" |
"Fondiña" |
"A Xacia Lubiñas" |
|
|
|