quen somos contos cineteca enlaces galer’a de fotos contacta con n—s
A Casa EnChantada facebook twitter
 
quen somos
contos
cineteca
enlaces
galeria de fotos
contacta
prensa
 
o pescador dos contos
 
 
ciclobiblioteca
 
2teixos
 
a web d@s nen@s
 
 
cantos solidarios
 
Bestiario da fraga dos contos solidarios
 
.

 

Os contos tamen moran noutros formatos como poden ser o humor, o cinema, a música, a poesía, estas son algunha das nosas propostas:

  :: Cine  Solidario

"Cinzas no ceo" (Cenizas en el cielo)
Dirección: José Antonio Quirós.
País: España
Ano: 2008
Duración: 96 min.       ir á web oficial»

Ferguson, un escocés aventureiro que escribe guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa derradeira publicación. A autocaravana que conduce déixalle entalado non precisamente á beira dunha fermosa paia senón baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí, e descobre un novo mundo...


"A teta asustada" (La teta asustada)
Dirección: Claudia Llosa.
País: España y Perú
Ano: 2008
Duración: 94 min.       ir á web oficial»

Fausta padece de “A teta asustada”, unha enfermidade que se transmite polo leite materno de mulleres maltratadas durante a época do terrorismo no Perú. Os infectados nacen sen alma, porque do susto agachouse na terra, e cargan un terror atávico que lles aílla por completo...


"Buda estoupou por vergoña" (Buda az sharm foru rikht)
Dirección: Hana Makhmalbaf.
País: Irán e Francia
Ano: 2007
Duración: 81 min.

Baixo a estatua do Buda que destruíron os talibáns aínda viven miles de familias. Baktay, unha nena afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños, que le os alfabetos diante da súa cova. De camiño á escola, Baktay é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflectindo a sociedade tan violenta que os envolve.


"Vals con Bashir" (Waltz with Bashir)
Dirección: Ari Folman.
País: Israel, Francia y Alemania
Ano: 2008
Duración: 90 min.       ir á web oficial»

Unha noite nun bar, un vello amigo conta ao director Ari que tén un pesadelo recurrente no que lle perseguen 26 cans. Cada noite, o mesmo número de animais. Os dous homes chegan á conclusión de que tén que ver cunha misión que realizaron para o exército israelí durante a primeira guerra co Líbano a principios dos anos oitenta...


"Os limoeiros" (Etz limon)
Dirección: Eran Riklis.
País: Israel, Alemania e Francia
Ano: 2008
Duración: 106 min.       ir á web oficial»

Salma, unha viúva palestina, decide librar unha batalla contra o ministro de Defensa de Israel, cuxa casa linda co seu campo de limoeiros, na fronteira entre Israel e os Territorios Ocupados .A policía non tarda en decretar que as árbores de Salma representan unha auténtica ameaza para o ministro de Defensa e a súa familia, e ordena que se talen...


"A banda visítanos" (Bikur hatizmoret)
Dirección: Eran Kolirin.
País: Israel e Francia
Ano: 2007
Duración: 90 min.       ir á web oficial»

"A banda visítanos" segue as desventuras dunha banda de músicos exipcios que por un malentendido acaban perdidos nun pequeoo poblo israelí no medio do deserto. A rutina diaria dos habitantes deste poblo verase completamente trastocada...


"Persépolis"
Dirección: Marjane Satrapi y Vincent Paronnaud.
País: Francia
Ano: 2007
Duración: 95 min.       ir á web oficial»

Marjane é unha rapaza de nove anos que medra no Irán da Revolución Islámica. A través dos seus ollos vemos como as esperanzas do seu pobo fican rotas cuando os fundamentalistas toman o poder. Intelixente e sen miedo, Marjane enga aos "guardiáns sociais" e descobre o punk, Abba e Iron Maiden...


"Qué tan lejos"
Dirección e guión: Tania Hermida.
País: Ecuador
Ano: 2006
Duración: 92 min.

Esperanza, española, chega a Ecuador coa intención de coñecer o país. Teresa, ecuatoriana, e que se lle presenta como Tristeza, úneselle mentres espera atoparse no camiño co mozo ao que ama. Facendo autoestop, en metade dunha folga nacional, soas ou en compaña doutros, ambas mulleres emprenderán un singular viaxe no que aprenderán tanto da outra persoa coma do país que as arrodea. E sobre todo, de si mesmas.


"Camiño a Guantánamo" (The road to Guantánamo)
Dirección: Michael Winterbottom y Mat Whitecross.
País: Reino Unido
Ano: 2006
Duración: 96 min.          ir á web oficial»

É a historia de catro amigos británicos que en setembro de 2001 viaxaron dende Tipton para asistir a unha voda. Na súa viaxe foron capturados pola Alianza do Norte e logo pasaron a mans dos estadounidenses, que os conduciron a Kandahar. Dende alí, tres deles foron trasladados á base de Guantánamo.


"Habana Blues"
Dirección: Benito Zambrano
País: España, Cuba e Francia
Ano: 2005
Duración:115 min.          ir á web oficial»

A película narra como dous amigos, Ruy e Tito, que tieñen un grupo musical tentan saír adiante na Cuba actual e triunfar. A oportunidade que esperan chegará da man duns produtores españois en busca de talentos, pero non todo será tan bo como aparenta e ambos deberán pensar ben que facer coas suas vidas.


"Kirikou e as bestas salvaxes" (Kirikou et les bêtes sauvages)
Dirección: Michel Ocelot y Bénédicte Galup.
País: Francia
Ano: 2005
Duración: 75 min.          ir á web oficial»

O avó, no seu trono da gruta azul, cóntanos cómo Kirikú se convirte en xardineiro, detective, alfareiro, comerciante, viaxeiro e médico e cómo o máis pequeño e valiente dos heroes terá que buscar no seu interior para atopar o valor, la astucia e la xenerosidade necesarias para triunfar sobre o mal.


"Paradise now"
Dirección: Hany Abu-Assad
País: Palestina, Holanda, Francia e Alemania
Ano: 2005
Duración: 90 min.          ir á web oficial»

Khaled (Ali Suliman) e Saïd (Kais Nashef) son dous xóvenes palestinos, amigos dende a infancia, ós que reclutan para levar a cabo un atentado suicida en Tel Aviv. Despois dunha última noche coas súas respectivas familias, das que non lles está permitido despedirse, parten cara á fronteira con explosivos pegados ó corpo.


"Viva Cuba"
Dirección: Juan Carlos Cremata Malberti
País: Cuba, Francia
Ano: 2005
Duración: 80 min.          ir á web oficial»

Malú e Jorgito son dous nenos que se prometeron amistade para toda a vida, a pesar de que as súas familias se detestan. Cuando a avoa de Malú morre e a súa nai decide irse a vivir fora de Cuba, Malú e Jorgito terán que escaparse ata o fin do mundo en busca dunha esperanza para o seu amor.


"María llena eres de gracia" (Maria full of grace)
Dirección: Hany Joshua Marston
País: USA y Colombia
Ano: 2004
Duración: 110 min.          ir á web oficial»

María ten 17 anos, vive nunha pequena cidade ó norde de Bogotá. Traballa nunha plantación de rosas. Un día, despois de discutir cun dos seus xefes, despídese do traballo. Durante a viaxe, tópase con Franklin, fálalle dun emprego como correo, trátase de pasar drogas a Estados Unidos, tragando paquetiños de heroína.


"Binta e a gran idea"
Dirección: Javier Fesser
País: España
Ano: 2004
Duración: 30 min.          ver a curta en googlevideo»

Binta ten sete anos, vive nuha preciosa aldea no sur do Senegal, e vai ao colexio. A súa prima Soda non tiene esa sorte. A ela lle permiten aprender as cosas que ignora dste mundo. Binta admira a su padre que preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocurriu.


"As tartarugas tamén voan" (Lakposhtha hâm parvaz mikonand)
Dirección: Bahman Ghobadi
País: Irán e Iraq
Ano: 2004
Duración: 95 min.

Os habitantes dun pobo do Kurdistán iraquí, buscan desesperadamente unha antena parabólica para conseguir noticias acerca do inminente ataque de Estados Unidos contra Irak. Un neno mutilado, que ven doutro pobo coa súa irmá e un neno pequeno, ten unha premonición: a guerra está cada vez máis preto...


"Diarios de motocicleta" (The motorcycle diaries)
Dirección: Walter Salles
País: Argentina, Brasil, Chile, Perú e USA.
Ano: 2004
Duración: 126 min.

Relata a odisea por Latinoamérica levada a cabo por Ernesto "Che" Guevara e o seu amigo o Dr. Alberto Granado en 1952, cando Guevara era un novo estudante de medicina de 23 años, embarcaron en unha viaxe recorrendo América do Sur nunha vella moto, é a crónica dun rapaz que esperta ó mundo que lle arrodea.


"Hotel Rwanda"
Dirección: Terry George
País: Reino Unido, Sudáfrica, USA e Italia
Ano: 2004
Duración: 121 min.

Hotel Rwanda narra a exemplar historia do heroe da vida real Paul Rusesabagina, xerente dun hotel de Ruanda que grazas a súa valentía e astucia logra liberar a más de mil refuxiados dunha morte certa durante a guerra civil entre tutsis e hutus, mentres o resto do mundo cerraba os ollos.


"Machuca"
Dirección: Andrés Wood
País: Chile e España
Ano: 2004
Duración: 120 min.

Un cura progresista decide integrar nun colexio aos fillos de familias moi acomodadas con outros dun barrio de emerxencia. Dous nenos distes diferentes estratos construirán una amizade enorme ata que o golpe de Pinochet poña todo en crise.


"Moolaade"
Dirección: Ousmane Sembene
País: Senegal e Francia
Ano: 2004
Duración: 117 min.          ir á web oficial>>

Collé Ardo vive nun pobo africano. Hai sete anos, non permitiu que a súa filla fora sometida á ablación. Catro nenas foxen para escapar do ritual da purificación e piden a protección de Collé. A partir dese momento, enfróntanse dous valores: o respecto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradición da ablación (a salindé)


"Primavera, verán, outono, inverno e... primavera"
(Bom, yeoreum, gaeul,    gyeowool, geurigo, bom)
Dirección: Kim Ki-duk
País: Corea del Sur e Alemaña
Ano: 2003
Duración: 103 min.

Ninguén escapa a os cambios estacionais que dan ritmo á nosa existencia dende que nacemos ata que morremos; tampouco os dous monxes que comparten un mosteiro illado entre montañas. Baixo a atenta mirada do monxe máis vello, o máis novo vive o transcurso das estacións. Unha metáfora sobre o aprendizaxe vital.


"As mulleres de verdade teñen curvas" (Real women have curves)
Dirección: Patricia Cardoso
País: USA
Ano: 2002
Duración: 90 min.          ir á web oficial>>

O filme conta a historia dunha moza latinoamericana, filla de emigrantes mexicanos, que vive na zona Este de Los Ángeles e que loita para manter un equilibrio entre as súas ambicións persoais e a súa herdanza cultural mentres tenta abrirse camiño na vida.


"Cidade de Deus"
Dirección: Fernando Meirelles.
País: Brasil
Ano: 2002
Duración: 135 min.

O filme retrata o crecemento do crime organizado en Cidade de Deus, un suburbio violento de Río de Xaneiro, entre finais dos anos sesenta ata principios dos oitenta. O protagonista da película é este barrio, un dos máis perigosos da cidade de Río.


"O neno que quería ser un oso" (Drengen der ville gøre det umulige)
Dirección: Jannik Hastrup
País: Dinamarca e Francia
Ano: 2002
Duración: 75 min.

Unha osa polar da a luz a un cachorro morto. O compañeiro, para aliviar a súa pena, decide roubar un neno para que ela o adopte. O neno aprende o modo de vida dos osos e cando é devolto a súa familia biolóxica non consigue adaptarse. Anhela a súa anterior vida e síntese como un oso.


"O derradeiro tren" (El último tren)
Dirección: Diego Arsuaga
País: Argentina, España e Uruguay
Ano: 2002
Duración: 93 min.

A trama xira en torno a tres veteranos integrantes a “Asociación de Amigos del Riel” que deciden roubar a locomotora 33, ante a súa recente venta ós estudios de Hollywood. Así percorrerán as vías do interior do país, buscando ser oídos e respaldados pola opinión pública, nunha loita tan loable como utópica.


"Xeneración Roubada" (Rabbit-proof fence)
Dirección: Phillip Noyce.
País: Australia.
Ano: 2002.
Duración: 94 min.
Denuncia a separación que socialmente aínda perdura entre brancos e aboríxenes e da exclusión racista que a sociedad branca australiana exerce contra os aboríxenes e a súa cultura.

"A bicicleta de Pekín" (Shiqi sui de dan che) (Beijing bicycle)
Dirección: Wang Xiaoshuai.
Países: China, Taiwan, Francia.
Ano: 2001.
Duración: 113 min.
Película china sobre o valor dunha bicicleta, a loita por ese medio de transporte coma única posibildade de futuro, o odio, o amor, a amizade a través dunha bicicleta en pleno século XXI.

"En terra de ninguén" (No man's land)
Dirección, guión e música: Danis Tanovic.
Países: Francia / Italia / Eslovenia / Reino Unido / Bélxica.
Ano: 2001.
Duración: 98 min
Unha comedia áxil e divertida, que aproveita ese tono irónico e desenfadado para debuxar unha crítica amarga e despiadada dos absurdos do conflicto bélico nos Balcáns, en particular, e de todos los conflictos bélicos, en xeral

"Kandahar"
Dirección, guión e montaxe: Mohsen Makhmalbaf.
País: Irán.
Ano: 2001.
Duración: 85 min.
Película irani que nos leva de viaxe a través dun Afganistán imaxinario na percura de razóns para vivir fronte a un mundo de violencia imposta. Un berro en contra das minas antipersonais, do fascismo ideolóxico, a favor da esperanza, da vida mesma.

"O domingo se Deus quere" (Inch'Allah dimanche)
Dirección: Yamina Benguigui
País: Francia e Alxeria
Ano: 2001
Duración: 98 min.

Zouina viaxa a Francia dende a súa Alxeria natal. Vai reunirse co seu marido, Ahmed, que leva dez anos traballando en Francia e ó que apenas viu en todo ese tempo. Zoina viaxa cas súas fillas e con Aicha, a nai de Ahmed. A pesar da agresividade dos seus veciños, dos constantes reproches da súa sogra e da actitude do seu marido, Zouina trata de adaptarse a súa nova vida no exilio.


"A Pizarra" (Takhté siah)
Dirección: Samira Makhmalbaf
País: Irán, Italia
Ano: 2000
Duración: 85 min.

Un grupo de profesores viaxan polo Kurdistán cargando coas súas pizarras a costas en busca de estudantes ós que ensinar. No camiño atopan moita xente maior e formas de vida variadas, tratando de axudar e compartir o coñecemento con calquera persoa que estea disposta a aprender.


"O camiño á casa" (Wo de fu qin mu qin)
Dirección: Zhang Yimou.
País: China
Ano: 2000
Duración: 100 min.

É unha historia de amor xuvenil, chea de matices, de boas intencións. Cómo facer unha arte da ilusión, cómo facer dun detalle un mundo enteiro de fantasía, o motivo para manter a felicidad de varias horas.


"Capitáns de abril" (Capitães de Abril)
Dirección: Maria de Medeiros
País: Portugal, España, Francia e Italia.
Ano: 2000
Duración: 123 min.

En Portugal, durante a noite do 24 ao 25 de Abril de 1974, a radio emite una canción prohibida: "Grândola",é o detonante dun golpe de Estado militar que cambiará a face deste país. Ao son da voz do poeta José Afonso, as tropas sublevadas toman os cuarteis. A Revolución Portuguesa caracterízase polo carácter aventureiro, pacífico e lírico do seu desenrolo.


"Nen un menos" (yi ge dou bu neng shou)
Dirección: Zhang Yimou
País: China
Ano: 1999
Duración: 106 min.

É a historia dunha nena obstinada que pelexa polo seu posto e tenta manter a clase completa, loitando contra a pobreza extrema. Ela, pouco máis vella cós seus alumnos, irase convertendo nunha mestra real ó longo do filme.


"A vendedora de rosas" (La vendedora de osas)
Dirección: Víctor Gaviria
País: Colombia
Ano: 1998
Duración: 110 min.

Mónica ten trece anos e xa se rebelou contra todo. Creou o seu propio mundo na rúa, onde loita con coraxe para defender o pouco que ten: as súas amigas, o seu noivo, un traficante de drogas; e o seu orgullo, sen concesións a ninguén. Mónica é a outra cara dunha cidade intensa e cruel como Medellín ou como calquera cidade onde os nenos da rúa non teñen lugar neste mundo.


"Ladrón de Bicicletas" (Ladri di Biciclette)
Dirección: Vittorio De Sica
País: Italia
Ano: 1948
Duración: 90 min.
Dirixida por Vittorio De Sica, esta película emprega todalas peculiaridades do estilo neorrealista: unha historia simple sobre as vidas de personas comúns e correntes, todo isto contraposto a unha problemática social como foi a de Italia despois da Segunda Guerra Mundial.

"Roma cidade aberta" (Roma, città aperta)
Dirección: Roberto Rossellini
País: Italia
Ano: 1946
Duración: 100 min
Un clásico do neorrealismo italiano, asinado por Roberto Rosellini, que é un claro, conciso e veraz chamamento de denuncia sobre a violación dos dereitos humanos, a tortura, o fascismo....

  :: Biblioteca Solidaria

"El libro de los abrazos"
Autor: Eduardo Galeano
Categoría: Poesía
Editorial: Siglo XXI

I.S.B.N.: 84-3230-690-8
Nº Páxinas: 265
unha concisa, precisa e sangrante radiografia sobre a loucura na que o home se destruiu a si mesmo ó longo dos séculos de colonización e horror que ainda hoxe continúa.

"En pié de paz"
Autor: Autores contra la guerra
Categoría: Poesía
Editorial: Plurabelle

I.S.B.N.: 84-9329-455-1
Nº Páxinas:
Este libro recolle material misceláneo, abundan os poemas e os microcontos, cun denominador común: o rechazo á guerra en xeral e ó conflicto de Irak en particular.

"Ni un solo niño en la guerra. Infancia y conflictos armados"
Autor: Jéhane Sedky-Lavandero
Fundación Hogar del Empleado / Icaria
Editorial: Barcelona
Nº Páxinas:156 páginas
www.fuhem.es/cip/guerra.htm
Arredor de 350.000 menores de idade son usados en conflictos armados como soldados en primeira líña: obedientes, baratos, temibles, sen outra obligación que xogar á guerra real ata matar ou morrer.Esta realidade é só unha mostra da explotación que sofre a infancia na sociedade moderna

"Papeles de cuestiones internacionales"
Edita: Centro de Investigación para la Paz (CIP/FUHEM)
Directora: Manuela Mesa
217 páxinas.
www.fuhem.es/cip/papel83.htm
 

"Cerna: Revista Galega de Ecoloxía e Meio Ambiente"
Edita: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGS
Director: Manuel Soto Castiñeira
217 páxinas.
www.adegagaliza.org/
Cerna é a revista ecoloxista galega con maior difusión e a única revista de medio ambiente editada en galego. Cerna (ou cerne) é a designación na nosa lingua da parte central do tronco das árbores e, en xeral, do contido esencial ou miolo das cousas.

  :: Humor Solidario


O libro humor e terceiro mundo, editado fai tempo por Estudiantes Solidarios, achéganos un repaso sobre a ironía máis fina para despertar as nosas conciencias a traves dun sorriso que moitas veces semella tráxico


  :: Eco-Poesía

Os eco-poetas reivindican a poesia na rúa pegando nas portas, nas paredes, poemas en defensa da terra....

"Lume"

Como fera embravecida
desdomada, louca, recén parida
unha chuvia de feridas
cae coas pingas derrotadas
dunha escura cor tinguida

Coma lostregos de morte
en tristes danzas no bosque
cernan vidas sentenciadas
con covardes estratexias
construidas en palacio

Coma quen merca un soño
en feiras de azul e auga
utopía esclarecida
cunha ponla de aciñeira
alguén berra esperanza

(detense a fera endiañada
morre o lume, nace a vida)



Contos Solidarios - Avda. de Portugal 16 27500 Chantada, Lugo - carballoconbotas@hotmail.com
novodesenho