|
| |
|
O proxecto
Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán
da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado
polo colectivo de educación ambiental Papaventos
e financiado pola convocatoria de sensibilización
de Cooperación Galega (Xunta de Galicia).
Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os
alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario
coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramente
lúdico-pedagóxica o conto, a poesía,
o humor, a mímica
.. Contos Solidarios abre
esta páxina web para achegar os contos e o traballo
de Bicis pola Paz e Papaventos a todas/os que queirades
coñecelo, e para que colaboredes con esta iniciativa
que reivindica outro mundo posible a través dun
universo paralelo formado polos contos solidarios, no
que nos poidamos refuxiar para construir un mundo real
de xustiza e liberdade.
BICIS
POLA PAZ
Bicis pola Paz é
unha ongd que nace en Chantada (Galiza) no ano 1.990.
O obxectivo de Bicis pola Paz é fomentar o eco-transporte
nos proxectos de desenvolvemento, Bicis pola Paz doa
bicicletas a mestres, médicos, promotores de
saude, veterinarios
. en máis de vinte paises
de América Latina, Asía e África,
así como a inmigrantes no estado español.
Gracias a unha bici un médico pode chegar a tempo
a un parto para salvar a vida duna persoa, un mestre
pode atender máis escolas ou un inmigrante atopar
e desprazarse a un traballo digno. Bicis pola Paz doa
as bicicletas en base a demanda das comunidades locais
e en colaboración con elas, adquirindo as bicis
nos mesmos lugares de desenvolvemento dos proxectos
co fin de fortalecer o tecido comercial local. Bicis
pola Paz financia estas doazóns cos fondos recadados
polo proxecto "Contos Solidarios" así
coma cos fondos económicos aportados por colaboradores,
institucións, fundacións
PAPAVENTOS
EDUCACIÓN AMBIENTAL
Papaventos
nace en Garabelos, nunha aldea do interior de Lugo en
1.989, co fin de desenvolver un proxecto de animación
medioambiental e cultural. Papaventos desenvolve
actividades lúdico-pedagóxicas en centros
escolares de douscentos concellos de Galiza, Asturias,
O Bierzo e Portugal . Papaventos emprega o conto, o
xogo, a música, a mímica
como ferramenta
educativa co fin de facer atractivas as suas propostas
pedagóxicas, dispón tamén dunha
eco-biblioteca itinerante que percorre centros
escolares e que non verán instálase en
praias e piscinas co fin de promover o achegamento a
bibliografía eco-solidaria como parte dunha sociedade
mais comprometida co entorno. Papaventos ten recibido
o Premio de Educación Ambiental en Galicia
1.990, o Premio a Mellora da Calidade de Vida
Agronatura 1991 e o Premo Laranxa da Escola de
Montefurado. Papaventos reivindica diante da sociedade
un compromiso para o desenvolvemento de proxectos continuados
de concienciación e sensibilización como
único motor para unha sociedade con maíor
respecto o seu entorno, con maior futuro ambiental,
con máis xustiza.
|
|
| Coa
Financiación de: |
AGRADECEMENTOS:
Bicis pola Paz e Papaventos Educación Ambiental agradecen
as seguintes persoas e institucións que fixeran posible
o proxecto Contos Solidarios:
Cristina Ouro (debuxos)
Xavier Viana (contacontos e paiaso triplicado)
Amelia Ledo (contacontos)
Paula Carballeira (mestra contadora de historias)
Coordinadora Galega de Ongd,s
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Oficina Acción Solidaria (Universidade de A Coruña) |
 |
|
|